Guido Guía lanza visitas ó barrio do Carme, antes das obras previstas, a partir do 29 de outubro

Semella que o #BarrioDoCarme pode vivir próximamente a súa primeira posta en valor real da súa historia. Levamos anos reivindicando isto e por iso antes e despois das mudanzas queremos seguir compartindo con vós o noso lugar favorito do mundo. Neste momento seguimos con restricións de 9 persoas + 1 guía para os paseos así que imos apostar por propoñer máis variedade de días para as nosas actividades. Agardámosvos o xoves 29 de outubro… terceira edición de #UnBarrioSenReloxo ⏰, entre pitas 🐔 e historia ❤️

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)