Guido Guía e Bisagras de Papel homenaxearon o 145º aniversario da chegada do tren a Lugo

Outro día memorable ❤️ Homenaxeando o 145º aniversario da chegada do tren 🚂 a Lugo na primeira colaboración entre Bisagras de Papel e Guido Guía 🙂 Seguimos en Lugo coas restricións de 10 persoas por grupo, pero sempre coa mellor enerxía 🌟 Pedro Pozzi, Curros Enríquez, o Conde Pallares, ese mítico San Froilán do 1875… vémonos o ano que ven! ❤️