O 26 de outubro #RedescubrindoRibadeo con Guido Guía, Enfoque e O Freixo dos Lobos

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa quinta xornada… #RedescubrindoRibadeo! O 26 de outubro de 10h30 a 18h00, con Guido Guíaenfoquevisitasguiadas e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O custo desta xornada é de 12 € por persoa. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos 🙂

(Nesta xornada aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)