Gran éxito e listas de agarda (grupos de 10) nos paseos de Paulo Fabio Máximo e Güidox

Hai días que quedan na memoria para sempre. Estou seguro de que hoxe é un deses. O primeiro día no que guiei por Lucus Augusti co meu amigo Paulo Fabio Máximo, fundador da cidade en tempos de César Augusto. Seguiremos negociando para que os galaicos non perdamos espazo na nosa terra, e senón avisaremos ós primos de Armorique!! Grazas a todos por vir a este paseo pola Muralla, agardámosvos nos tres vindeiros! ❤️ E por suposto grazas ás asociacións do Arde Lucus e a Xuventude de Lugo pola organización!! #PauloFabioMáximoEGüidox