Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox no Arde Lucus Cultural

Hoxe o Concello de Lugo anunciou as actividades do Arde Lucus Cultural, que se desenvolverá dende este sábado ata decembro. Unha delas: “Paseos con Paulo Fabio Máximo e Güidox” 🙂 Ilusionadísimo, e agardando que os desfrutedes. Grazas ó querido Carlos Núñez Le Vieux por poñerme o meu apodo de época!

Nesta edición contaremos cos paseos por Lugo con Paulo Fabio Máximo e Güidox que guiarán distintos percorridos pola cidade, en concreto pola Muralla, polas Termas Romanas, polo acueducto e polos xacementos arqueolóxicos. Trátase pois, de continuar traballando, por dar a coñecer a historia de Lugo.

Sábado, 26 de setembro

  • Percorrido pola Muralla
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • 10 persoas*
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 10 de outubro

  • Percorrido pola Ponte Romana e Termas Romanas
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 17  de outubro

  • Percorrido polo pasado romano do barrio do Carme
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal

Sábado, 7  de novembro

  • Percorrido polas ventás arqueolóxicas e Domus do Mitreo
  • Praza de Armañá
  • 17:00 horas
  • Inscrición en xuventude@lugo.gal