#RedescubrindoMondoñedo: o 27-S con Guido Guía, Claudia del Pino e o arqueólogo Abel Vigo

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa cuarta xornada… #RedescubrindoMondoñedo! O 27 de setembro de 10h30 a 18h30, con Guido GuíaClaudia del Pino e Abel Vigo (arqueólogo do Concello de Mondoñedo) pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💙

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O custo desta xornada é de 12 € por persoa. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos 🙂

(Nesta xornada aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)