Guido Guía festexa o 13 de setembro o I aniversario dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Depois do gran éxito da primeira edición do capítulo XXI #OAnelVerde 💍💚 repetimos episodio o 13 de setembro coincidindo ademáis co primeiro aniversario (que realmente é o 14 de setembro, pero adiantámolo unhas horas) do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido ❤️

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). O punto de encontro é o Parque Rosalía (no busto de Rosalía) e a hora as 16h00.

Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoMenosCoñecido

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)