O proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano, e celébrao cun concurso fotográfico

O 14 de setembro o proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido cumprirá un ano de historia, e queremos festexalo 🥳 Como? Cun novo concurso fotográfico, desta vez orientado a facer memoria de todo o vivido nestes 12 meses. Cal foi o teu capítulo favorito dos 23 que levamos? Elixe unha foto del, titúlaa, e cóntanos algo sobre ese día 🙂❤️ Cada participante poderá participar cunha soa foto do seguinte xeito:

En Facebook (3 premios): a/o participante enviará a súa foto ó correo guidoguiaturismo@gmail.com e esta será compartida nun álbum do IV Concurso Fotográfico. A foto que teña máis reaccións, a foto máis compartida, e a foto que teña máis comentarios o domingo 13 de setembro ás 23h59 serán as 3 gañadoras

En Instagram: a/o participante debe compartir na súa conta a súa foto elixida xunto cos hashtags #OLugoMenosCoñecido e #IVConcursoFotográfico. A foto que teña máis ❤️ o domingo 13 de setembro ás 23h59 será a gañadora

En Twitter: a/o participante debe compartir na súa conta a súa foto elixida xunto cos hashtags #OLugoMenosCoñecido e #IVConcursoFotográfico. A foto que acumule máis ❤️ e RT o domingo 13 de setembro ás 23h59 será a gañadora

P.D. As gañadoras dos tres primeiros concursos podedes volver participar e optar a un segundo/terceiro/cuarto bono para agasallarllo a quen máis vos apeteza 🙂