O martes 25 chega o VI paseo guiado #ArteUrbana lucense con Guido Guía e Rubén Paz (Trece Trazos)

A revolución artística lucense 🎨✨ non se detén, e os paseos guiados a través dela seguen enchendo as súas prazas en cuestión de horas ⏳😍 Por esta razón queremos seguir dándovos oportunidades de descubrila 🧡 O vindeiro martes 25 imos co sexto paseo, coa inestimable colaboración de Ruben Paz (Trece trazos)!! 💪💪🙂

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)