O venres 21, paseo polo #LugoFotográfico nocturno con Guido Guía e Iago Viana

A semana que ven retomamos os paseos guiados polo #LugoFotográfico 📸 cunha edición especial… por primeira vez nocturna! 🌟 E para ela contaremos coa colaboración especial do querido fotógrafo e amigo Iago Viana 👏👏👏

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoMenosCoñecido

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)