Gran éxito na primeira ruta do Freixo dos Lobos e Guido Guía en #AMariñaEnRuta: A Pena Abaladoira

Un novo día para o recordo: primeiro roteiro para #AMariñaEnRuta 💙💚 co meu amigo, irmán e compañeiro Pedro Rolle (O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza). Foi o turno da Pena Abaladoira, en Alfoz, un percorrido cheo de misticismo, natureza desbordante, historia e maxia no Xistral… grazas a todos, e a A Mariña lucense turismo e Maremasma por contar con nós!