Paseos guiados polo #LugoXenealóxico, un novo formato de Guido Guía e Bisagras de Papel

Quedan aínda dous meses, e probablemente lancemos antes outros novos capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero como este paseo xa está deseñado e con data… aí vai! Capítulo XXII e novo formato que agardamos viva moitas edicións máis… #LugoXenealóxico 👥 coa colaboración especial e inestimable de Helena González, de Bisagras de Papel!

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)