Guido Guía anuncia a xornada viaxeira #RedescubrindoMuras con O Freixo dos Lobos e o Concello de Muras

O programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo continúa e hoxe xa podemos anunciar a súa terceira xornada… #RedescubrindoMuras! O 20 de setembro de 10h00 a 18h00, con Guido Guía e O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, e coa inestimable colaboración do Concello de Muras, pasearemos e conversaremos sobre a historia e a natureza destas terras 💚

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com ou no teléfono do concello de Muras 982 500 001. O custo desta xornada é gratuíto grazas ó apoio do Concello de Muras. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos 🙂

(Nesta xornada aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)