Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido de Guido Guía: capítulo XX baixo as estrelas

Dende o inicio do proxecto de paseos guiados #OLugoMenosCoñecido -en setembro- vivimos, ata marzo, nada menos que dezanove capítulos. En xuño retomamos o episodio que tiñamos pendente, e agora toca retomar a saga ❤ Aproveitando un mes de ceos moi despexados como agosto, será o venres 7 o momento do capítulo XX #LugoBaixoAsEstrelas

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)