O 9 de agosto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido percorrerán #OAnelVerde

Tralo incrible éxito de convocatoria do capítulo XX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido (prazas esgotadas en 5 horas) lanzamos xa o capítulo XXI para o domingo 9 de agosto! Un paseo máis longo (5 horas) pero non menos calmado no que percorreremos e descubriremos #OAnelVerde 💚

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)