Xuventude promove a sostibilidade e a igualdade cun programa de andainas polo municipio

Artigo publicado na web do Concello de Lugo

Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria

As actividades, para as que haberá 25 prazas dispoñibles, están dirixidas á rapazada entre 14 e 35 anos e desenvolveranse ata outono

A área de Xuventude propón, ata outono, unha programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio. Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos de entre 14 e 35 anos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria.

O número de prazas para cada unha delas é de 25 e a hora de saída será sempre ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro –diante do busto da escritora- no caso das andainas de sostibilidade e na Praza Maior – nos soportais do Concello – para as de igualdade. Os guías locais Guido Álvarez Parga e Lidia de la Fuente serán os encargados, respectivamente, de dirixilas.

As inscricións, de xeito provisional, realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  1. Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  2. Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  3. Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  4. E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

As datas a conmemorar son as seguintes:

* Sostibilidade:

  • 12 DE AGOSTODÍA MUNDIAL DA XUVENTUDE
  • 29 DE AGOSTOSEMANA MUNDIAL DA AUGA  
  • 4 DE SETEMBROMOBILIDADE SOSTIBLE
  • 19 DE SETEMBRODÍA MUNDIAL DA LIMPEZA

* Igualdade:

  • 18 DE XULLO: NACEMENTO DE XULIA MINGUILLÓN
  • 8 DE AGOSTO: MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA
  • 12 DE SETEMBO: NACEMENTO DE EMILIA PARDO BAZÁN
  • 17 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA NENA E DA MULLER RURAL
  • 21 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO