Comezaron con luz e forza os #PaseosÓSolpor de Guido Guía con Cultura e Turismo de Lugo

Un día moi emocionante para min. Primeira vez que guío para Cultura e Turismo de Lugo, cupo de prazas cubertas en 24 horas, formidable grupo de xente, marabillosas visitas sorpresa, novos amigos, moitas charlas e intercambios, e unha atmósfera imbatible no inicio dos #PaseosÓSolpor ☀️ Moitas grazas, compañeiros, e ata o vindeiro venres 17! #LugoCalidade 🧡