Guido Guía lanza paseos guiados e viaxes semanais por Lugo e provincia durante xullo e agosto

Síntome afortunado de que os vellos e os novos proxectos manteñan o éxito dos meses precedentes á crise sanitaria. Dúas semanas despois do regreso dos paseos guiados, celebramos que todas as actividades esgotaron prazas (as permitidas nas medidas de prevención) e o ánimo da xente está máis vivo que nunca.

Desfrutamos xa do paseo guiado polo #LugoFavorito, retomamos #OLugoMenosCoñecido, comezamos #RedescubrindoLugo no Piornedo, e nas vindeiras semanas haberá moitas novidades sobre o calendario de actividades dos meses de xullo e agosto. De momento temos no horizonte #RedescubrindoAlfoz este domingo, #LugoFotográfico II o venres 3 de xullo, e #RedescubrindoMeira o sábado 4…

Se queredes estar ó tanto das novidades seguídenos na nosa canle de Telegram, en Facebook, Instagram, Twitter, nesta propia web… e coma sempre animámosvos a deixar as vosas reseñas e opinións tanto en Facebook, como en Tripadvisor, como en Google… grazas a todos por ese apoio xigante!