O venres 3 de xullo será a data do segundo paseo guiado polo #LugoFotográfico

Outro paseo pendente que retomamos… o venres 3 de xullo ás 19h00 será o turno do segundo capítulo do #LugoFotográfico 📸 desta volta co fotógrafo profesional Iago Viana! Unha oportunidade para ver Lugo con outros ollos 🙂

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoMenosCoñecido

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)