Lugo, coñecido a través dos sentidos

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 15 de xuño do 2020

Este domingo tivo lugar un percorrido turístico pola cidade amurallada na que os participantes se sumerxían nos espazos a través de todos os sentidos

O barrio do Carme é unha das zonas que visitaron (Fotografía: Óscar Cela)

Lugo visto, pero tamén percibido. Así é como cerca dunha trintena de persoas gozaron este domingo dunha visita á cidade amurallada da man do guía turístico Guido Álvarez e de Gustavo Fouce. Entre os dous encargáronse de trasladar aos participantes ao Lugo menos coñecido e máis sensorial. Historia e natureza dándose a man nun paseo de preto de tres horas no que ademais de coñecer a cidade por medio da vista e da palabra, tamén o fixeron a través dos sentidos.

Porque non é o mesmo desprazarse ata o barrio do Carme e dar un paseo por el ca sentilo, percibilo e conectar con el. «Escoitade, pisade. Oídes a auga?», prantexaba o guía. E así, a través dos sentidos, os participantes viaxaban no tempo e na memoria de xeito sensorial.

Decatarse da historia que se atopa baixo os pés ou tocar unha pedra que foi testemuña de séculos de vivencias abre unha porta distinta á cidade lucense.