Os mellores sabores de Arxentina, no lucense barrio da Residencia

Onte mércores a familia dun gran amigo, Cristopher Chaldú, abriu no barrio da Residencia unha pastelería arxentina que non deixará indiferente a ninguén. Son todos eles unha familia experta en gastronomía, sobre todo na arxentina, e no seu emprendemento fan un especial destaque nos doces e postres, tan afamados e aprezados polos gourmets.

Coñecín a Cristopher hai un ano e medio, como a tantas outras persoas, grazas ós paseos e actividades por Lugo… o primeiro día propúxenlle un “Blablacar” caseiro para que visitase Compostela mentres eu facía unha visita guiada cun grupo polo centro de Santiago, e despois das nosas profundas conversas daquel día, en todo este tempo forxamos a lume unha gran amizade.

Deséxolle toda a sorte do mundo a unha familia extraordinaria que está a apostar por Lugo, por un barrio da cidade, e por fortalecer aínda máis esa conexión arxento-galaica que tantos sentimos e vivimos no corazón. Moita forza, La Romería Coffee & Co e Dolce Francesca!! Rúa Tino Prados nº 2 🙂