Mañá venres volven con ilusión e prazas esgotadas os paseos guiados de Guido Guía

Tres meses despois, mañá venres volven os paseos guiados e outras actividades do proxecto Guido Guía. Reiniciaremos, tras este obrigado parón, co prometido paseo guiado polo #LugoFavorito (cos recordos, lugares favoritos e memorias escritas de máis de 500 lucenses de corazón) e o domingo retomando o noso querido proxecto dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido. Xa a semana que ven, temos concertados varios paseos por Lugo con asociacións e particulares, e o sábado a primeira xornada do programa #RedescubrindoLugo. Onde? No Piornedo 🙂 Grazas polo voso apoio, amigos!