O 20 de xuño comezan as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía no Piornedo

E chegou o día de anunciar a primeira data do programa de xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo ❤️ O sábado 20 de xuño será o turno de #RedescubrindoPiornedo, coa colaboración especial de Piornedo ANDA 🐾 Día grande nos Ancares! Bulide para reservar, pois en menos de 24 horas enchemos para #LugoFavorito e só quedan 3 prazas para #OLugoDosSentidos 😍

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo desta xornada viaxeira é de 15 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos 🙂

(Nesta xornada aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)