Volven os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido co seu capítulo XIX #OLugoDosSentidos

Pasaron xusto tres meses dende aquel 15 de marzo no que estaba previsto o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido… agora, o domingo 14 de xuño, toca recuperalo 🙂 Será, tal e como previsto, con “O Lugo dos Sentidos” e o colaborador especial Gus Kalamburu. Bulide, que as prazas do paseo guiado #LugoFavorito esgotáronse en menos de 5 horas! ✨

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio! #OLugoDosSentidos

(Neste paseo aplicaranse as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”)