Coa entrada na fase 3 Guido Guía anuncia a data do paseo polo #LugoFavorito: venres 12 de xuño

Tal e como anunciamos esta semana, no momento en que a provincia de Lugo entrase en fase 3 (e se reactivase polo tanto a actividade dos guías turísticos) comezamos a anunciar as primeiras datas dos vindeiros paseos e actividades ❤️ A primeira delas será o prometido paseo polo #LugoFavorito! En agradecemento ás máis de 500 persoas que escribiron as súas memorias e lugares favoritos durante o confinamento. Será o vindeiro venres 12 de xuño, sen custo, con inicio ás 16h00 no Parque Rosalía, e seguindo as medidas e consellos do “Manual para os guías de turismo ante a Covid-19”, que compartiremos por correo cos participantes inscritos. Para anotarvos, escribídenos ó correo guidoguiaturismo@gmail.com 🙂 Moitas grazas a todos!!