A iniciativa #RedescubrindoLugo en Radio Sant Boi

Onte estivemos falando cos amigos de Ràdio Sant Boi, os queridos Armando Fernández e Xulio Couxil, referentes da radio en galego por terras catalanas. Chamáronnos para falar sobre as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo, que comezarán moi pronto, despois de que hai un rato soubésemos que Galicia entra na fase III da desescalada. Moitas grazas, amigos, por un outro xenial rato de radio! Unha aperta enorme ❤