Na fase III volverán os paseos e actividades de Guido Guía pola provincia de Lugo

Chegou xuño e chegou o emocionante día no que xa podemos anunciar que o proxecto Guido Guía está máis preto de voltar á actividade ❤️ Co anuncio das condicións para o desenvolvemento da actividade de guía turístico para a fase III no BOE do pasado sábado, xa podemos anunciar que a entrada nesa fase será o momento no que voltaremos 🙂

Como xa intuiríades polas nosas publicacións, o regreso será co noso proxecto estrela #OLugoMenosCoñecido, cun paseo guiado e gratuíto polo #LugoFavorito (como agradecemento por eses máis de 500 escritos durante o confinamento) e coa primeira xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo (nos queridos Ancares, #RedescubrindoPiornedo).

Os prezos para estes paseos serán de 0 € no caso do #LugoFavorito, de 6 € por persoa para #OLugoMenosCoñecido e de 15 € por persoa para a xornada viaxeira #RedescubrindoPiornedo (onte 31 de maio rematou o prazo da compra anticipada).

Seguindo todas as directrices das autoridades, coidándonos, cun máximo de 20 participantes por actividade nesta fase III, podedes ir reservando as vosas prazas en guidoguiaturismo@gmail.com…

Unha aperta xigante para todos! Forza Lugo! ✨