Os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido volverán co capítulo XIX “O Lugo dos Sentidos”

O domingo 15 de marzo ía chegar o capítulo XIX dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, pero a crise paralizou non só ese senón moitos outros plans. Tres meses despois (ó longo de xuño, data aínda por determinar) volverá á acción un proxecto entusiasmante que comezou o pasado mes de setembro, e que prácticamente semana a semana foi descubrindo lugares e espazos de Lugo pouco frecuentes, ata o momento, nos itinerarios turísticos.

Se todo vai ben xuño será o mes no que Guido Guía e colaboradores voltemos á acción, e no caso d´ #OLugoMenosCoñecido será co mesmo capítulo que tiñamos previsto antes de que todo se paralizase: O Lugo dos Sentidos, co querido amigo Gus Kalamburu.

Permanecede atentos, pronto anunciaremos a data!