#RedescubrindoPiornedo será a primeira xornada viaxeira do programa #RedescubrindoLugo

O inicio das xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo con Guido Guía está cada vez máis cerca. Se non hai cambios nas previsións gubernamentais dos últimos días, con toda seguridade será no mes de xuño.

Hai algo que xa sabemos seguro, e é cal das xornadas será a primeira deste programa viaxeiro que pretende redescubrir a provincia de Lugo ó longo dos últimos 7 meses do 2020: será Piornedo, acompañados por Lola e Isolina, de Piornedo ANDA. Un día de viaxe que terá a seguinte estrutura:

10h00 Paseo guiado matinal:  Piornedo – Chao das Penas

Duración do paseo: 3 horas

Dificultade: Media. Con cinco ou seis  paradas para reagruparse e explicar os usos dos montes polos que pasamos, historia e tradicións do lugar

Actividade participativa: ó longo do paseo as/os que queiran poden identificar plantas medicinais para presentalas ó grupo pola tarde. Explicaremos os usos tradicionais que se lles daban no lugar a algunhas das plantas que vaiamos atopando

13h00 Presentación das plantas identificadas, usos das mesmas en diferentes lugares

14h00 Xantar e sesta no Chao das Penas ou ruta alternativa de dúas horas de duración para os que o desexen

17h00 Visita á Palloza-Museo Casa do Sesto

18h00 Visita guiada polo lugar (as prazas e o seu uso, tralo Sesto + charla sobre a conservación das pallozas e do lugar)

19h00 Fin da xornada

Aínda estades a tempo de reservar esta xornada viaxeira de xeito anticipado cun desconto sobre o prezo final (que será de 15 €): ata o 31 de maio podes adquirir unha xornada viaxeira por 12 € por persoa, e 3 xornadas por 30 €. Como facelo? Escribindo a guidoguiaturismo@gmail.com