Grazas Lugo por apoiarme sempre!

Nestes días de moitas emocións naceume hoxe a necesidade de escribir un pequeno texto para darvos as grazas a tantas persoas que levades tantos anos apoiándome persoal e profesionalmente na miña cidade e na miña provincia.

Xa se cumpren cinco anos dende o meu regreso no 2015 tras once anos fóra, e todo o vivido neste tempo está a ser incrible. Cinco anos nos que cada pequeno proxecto meu converteuse en xigante grazas ó apoio de tantas persoas que estades aí sempre. Ruta Fotográfica Lugo, as excursións pola provincia, as viaxes en grupo ó estranxeiro, De Viaxe con Guido, #LugoPatrimonioMundial, o meu proxecto profesional independente Guido Guía, os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, os relatos do #LugoFavorito, as fotos #RecordandoLugo, agora as xornadas viaxeiras #RedescubrindoLugo

Medios de comunicación, persoas e grupos políticos de todas as cores, artistas, deportistas, profesores, investigadores, celebridades, profesionais diversos, e, sobre todo, persoas… cada semana me amosades un cariño e un apoio inmenso que é sen dúbida o que me fai seguir crendo no que fago cada día. Non teño palabras para agradecervos todo o que me axudades.

Estou especialmente emocionado ca acollida dos bonos da plataforma Abrindo Lugo e cos do proxecto #RedescubrindoLugo… teño que darvos as grazas unha e outra vez por crer en min. Grazas de corazón!!! Orgulloso de ser de Lugo!! Unha aperta xigante…

GUIDO