Vinte propostas para redescubrir Lugo este verán

Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 4 de maio do 2020

O guía de turismo lucense Guido Álvarez, de Guido Guía, acaba de lanzar unha nova proposta de lecer. Trátase de «Redescubrindo Lugo», con xornadas viaxeiras por toda a provincia lucense pensadas para gozar neste verán.

Este «ilusionante proxecto», como di Guido, «é a nosa principal aposta para o que queda do ano 2020». Consiste en vinte xornadas viaxeiras, deseñadas e confirmadas, «nas que gozaremos xuntos das marabillas desta provincia». En cada unha destas xornadas haberá paseos guiados, pícnics, charlas e algunha sorpresa máis.

Guido Guía matiza que, debido á situación excepcional que vivimos, aínda non pode confirmar ao 100% as datas de cada unha das xornadas, pero idealmente transcorrerán entre xuño e setembro. En todo caso, terán lugar dende que sexa legalmente posible.

Xa se poden facer as reservas de xeito anticipado (ata o 17 de maio) e con desconto no número de xornadas que se desexe: unha xornada custará 12 euros, e tres xornadas, 30 euros. «Deste modo apoiaredes o proxecto dende xa e aforraredes un pouco, xa que o prezo posterior será de 15 euros por xornada», explica. Os interesados poden facer a reserva escribindo a guidoguiaturismo@gmail.com.

O guía lucense agradece de antemán o apoio dos que colaboran con esta iniciativa: O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, Sogos Consulting, Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Hugo Fernández Balseiro, Concepto Circo, Centro Dinamizador de Negueira de Muñiz, Piornedo ANDA, Diego AS, Andrés Bourio, O Zoqueiro Peregrino (Alberto Geada), Claudia del Pino e Asociación Sociocultural Fonte do Milagro.