Guido Guía lanza #RedescubrindoLugo, xornadas viaxeiras por toda a provincia lucense

Hoxe dende Guido Guía lanzamos un proxecto moi ilusionante! #RedescubrindoLugo 🌍 é a nosa principal aposta para o que queda de ano 2020: xornadas viaxeiras (de momento 20 deseñadas e confirmadas) nas que gozaremos xuntos das marabillas desta provincia ❤️

En cada unha destas xornadas faremos paseos guiados, picnics, charlas e algunha sorpresa máis ✨

Debido á situación excepcional que vivimos, aínda non podemos confirmar ó 100% as datas de cada unha das xornadas, pero idealmente trascorrerán entre xuño e setembro. En todo caso, dende que sexa legalmente posible.

Dende xa podedes reservar de xeito anticipado (ata o 17 de maio) e con desconto o número de xornadas que queirades: 1 xornada 12 € e 3 xornadas 30 €! Deste modo apoiaredes o proxecto dende xa e aforraredes un pouco… xa que o prezo posterior será de 15 € por xornada! Escribide a ➡️ guidoguiaturismo@gmail.com

De antemán millóns de grazas ós colaboradores desta iniciativa: O Freixo Dos Lobos Ecoturismo e Natureza, Sogos Consulting, Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego, Hugo Fernández Balseiro, Concepto Circo, Centro Dinamizador de Negueira de Muñiz, Piornedo ANDA, Diego AS, Andrés Bourio, O Zoqueiro Peregrino (Alberto Geada), Claudia del Pino e Asociación Sociocultural Fonte do Milagro 💚

P.D. Estamos abertos a organizar máis xornadas en máis lugares! E a sumar colaboradores! Se queredes facernos algunha proposta, somos todo oídos 🙂

#RedescubrindoPiornedo
#RedescubrindoBarreiros
#RedescubrindoNegueira
#RedescubrindoMondoñedo
#RedescubrindoRibeiraSacra
#RedescubrindoViveiro
#RedescubrindoPortomarín
#RedescubrindoOCourel
#RedescubrindoFoz
#RedescubrindoCospeito
#RedescubrindoMonterroso
#RedescubrindoAPontenova
#RedescubrindoBegonte
#RedescubrindoAlfoz
#RedescubrindoOXistral
#RedescubrindoRibadeo
#RedescubrindoCastroDeRei
#RedescubrindoOValadouro
#RedescubrindoOsMundosDoMiño
#RedescubrindoArteUrbanaLucense
#RedescubrindoLucusAugusti