Novo reto colectivo: compartir fotografías antigas #RecordandoLugo

Despois de tres semanas acumulando máis de 500 escritos do #LugoFavorito, lanzamos un novo hashtag e un novo reto para seguir construíndo memoria lucense nestas semanas: que compartades fotografías antigas de Lugo! Preferiblemente fotos con persoas e historias, pero todo vale  Compartide directamente nas redes (Facebook, Twitter, Instagram…) utilizando o hashtag #RecordandoLugo ou mandádeme as vosas fotografías e as subirei eu á páxina de Facebook Guido Guía e ás miñas redes! Moitas grazas amigo Javi @Belmontejo84 por propoñerme esta fermosa idea!!