Recordemos, escribamos… compartamos con palabras o noso #LugoFavorito

Amigos e compañeiros de profesión animáronme estes días a pensar nalgunha posible campaña para sumar enerxía positiva e entretemento nestes días de illamento. Isto foi o que se me ocorreu 🙂 Anímovos a todos a participar!

#LUGOFAVORITO (lugares e recordos en palabras, sen fotografías)

Son estes días para viaxar polos nosos recordos, e tamén días para voar coa nosa imaxinación a eses lugares ós que iremos en canto todo isto pase. Un bo momento para facer memoria colectiva e tamén para poñer en valor as belezas e riquezas da nosa cidade.

Non utilicemos fotos, pois poden dar lugar a confusión nestes días nos que todos estamos moi sensibles. Escribide nas redes, ou en papel, e logo facédelle unha foto ós vosos escritos. Utilizade o hashtag #LugoFavorito e contade:

Cales son os vosos lugares favoritos de Lugo?