Arte Urbana para adornar cun graffiti o caseto que está fronte á Pista Vermella

Artigo do diario La Voz de Galicia (M. Guntín), publicado o 10 de marzo do 2020

O edil Miguel Fernández sinalou que «o obxectivo da iniciativa, ademais de mellorar o aspecto da construcción, é o de promover unha acción de arte urbana, moi popular en Lugo, e dar participación a artistas de rúa lucenses»

A área de Deportes busca artistas locais para pintar un graffiti na caseta municipal situada fronte á Pista Vermella de Lugo. A proposta parte do guía turístico Guido Álvarez, que suxeriu adornar a aparencia desta edificación.

O edil Miguel Fernández sinalou que «o obxectivo da iniciativa, ademais de mellorar o aspecto da construcción, é o de promover unha acción de arte urbana, moi popular en Lugo, e dar participación a artistas de rúa lucenses».

Desde Deportes animan ás persoas maiores de idade a participar no concurso, ao que poderán concorrer de forma individual ou colectiva. Para participar deben enviar o seu esbozo do mural á dirección deportes@concellodelugo.org ata as 23.59 horas do 12 de abril. No correo electrónico debe figurar a proposta en formato jpg a escala, e debe incluír o pintado de todos os laterais e das portas do caseto; así como datos identificativos e a fotografía dalgún grafitti xa realizado.