O 7-M #OLugoMenosCoñecido paseará ó grande pola celebrada arte urbana lucense

Trala tremenda repercusión da última obra artística de Yoe 33 e Marcos #ConceptoCirco na rúa Bo Xesús, e trala enorme demanda de moitas persoas de toda Galicia nos últimos meses para que fagamos un novo paseo de #ArteUrbana lucense, lanzamos hai unhas semanas este gran paseo que terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo. Terá ademais dous alicientes especiais: 1) O paseo durará unha hora máis do habitual (4 horas polas 3 de sempre) porque imos facer un itinerario máis amplo 2) Teremos o gusto de conversar por vez primeira cos propios Yoe e Marcos, pioneiros lucenses do graffiti e da arte urbana nesta cidade alá polos anos 90. Cun pouco de sorte é posible que ademais se sumen tamén Diego AS e os amigos de Otro prisma, que son outro dos colectivos máis activos e brilantes do momento en Lugo e cos que xa compartimos charla no primeiro paseo de arte urbana 🎨 Tamén volveremos ó CEIP Paradai e teremos moitas sorpresas! Non falledes á cita 🙂

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído), gratuíto para menores de 14 anos, e a metade de prezo para estudantes acreditados menores de 35 anos. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!