O 22 de marzo Guido Guía, Rioplatenses e 113+ buscarán reunir ás 113 nacionalidades lucenses

Despois do exitazo de onte unindo á sociedade lucense e á comunidade universitaria, non deixamos nin un intre de agarda para anunciar este outro gran evento de encontro… desta volta do #LugoMundial! 🌏 Conseguiremos compartir #OLugoMenosCoñecido cas 113 nacionalidades que se rexistran en Lugo? Bo momento para darlle visibilidade a este marabilloso proxecto #113Máis (apoiado pola Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación de Lugo) ❤ co picnic post-paseo que organizaremos con eles e ca Asociación Rioplatenses de Lugo!

Este paseo que tamén será unha benvida á primavera lucense será de balde (grazas ó apoio de Rioplatenses e 113+) e non precisa inscrición… o único requisito é estar o domingo 22 de marzo ás 11h00 na entrada do Parque Rosalía, e traer algo de comer se queredes quedar ó picnic! Traede roupa e calzado cómodos, e moitas ganas de pasalo en grande! 💙