#LugoPatrimonioMundial no #FunPoloAire (TVG), concurso #PresumeDeBarrio 2020

Xusto no aniversario da campaña #LugoPatrimonioMundial chamáronme da Televisión de Galicia para acompañar a Ricardo Saavedra e a Fun Polo Aire a dar un paseo polo centro histórico de Lugo. Sabedes que está participando no concurso #PresumeDeBarrio como candidato a mellor barrio de Galicia no 2020? O ano pasado participou A Piringalla lucense e gañou o de Canido, en Ferrol 🙂

P.D. Cando dixen Regueiro das Hortas, o barrio de San Froilán, referíame evidentemente a que San Froilán naceu nese barrio… o do Carme 🙂