Un gran paseo de encontro entre a sociedade lucense e a comunidade universitaria: 1 de marzo!

Estamos convencidos do interesante que é o achegamento entre a sociedade e a comunidade universitaria. Por iso, entre Guido Guía e a Asemblea de Humanidades Lugo, decidimos organizar para este 1 de marzo un evento gratuíto sen precedentes na nosa cidade. Un gran paseo de encontro entre lucenses, residentes, comunidade universitaria, e toda persoa interesada en participar.

As actividades (tanto o paseo como a festa e petiscos) serán de balde… pero para ese post-paseo festivo será necesaria inscrición (por cuestións de aforo) a través do correo asembleahumanidades@gmail.com. Aproveitamos para darlle as grazas á A.c. Cultura Do País por cedernos o seu local, e ó Campus Terra USC e á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo polo seu apoio! Vémonos o 1 de marzo ás 16h00 no Parque Rosalía ou ás 16h30 na entrada da Facultade de Veterinaria 🙂❤🍃💧 Traede roupa e calzado cómodos, e moitas ganas de pasalo en grande!