Charla sobre o proxecto Guido Guía no máster DAEN do Campus Terra USC

Hoxe vivín outra preciosa experiencia que me fixo moitísima ilusión. Por vez primeira fun darlle unha charla ós alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas en la naturaleza – DAEN do Campus Terra USC. Unha fermosa e interesante titulación da nosa universidade dirixida por Eugenio Otero Urtaza (grazas por convidarme!) e da cal moitos estudantes teñen vido ás miñas actividades nestes anos! Grazas, amigos, e desexando colaborar convosco sempre que queirades! 💚🌍