Estudantes Erasmus dunha vintena de países descubrirán #OLugoMenosCoñecido

Artigo no Lugo Xornal, publicado o 1 de febreiro do 2020

A vindeira semana comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus de Lugo da USC. Canda el, chegan ducias de estudantes internacionais á cidade das murallas, que serán recibidos cun paseo guiado por #OLugoMenosCoñecido este domingo 2 de febreiro.

Guido Guía lanza así unha nova edición dos seus exitosos paseos pola cidade. Neste caso, está dirixido aos estudantes Erasmus que arriben en Lugo, pero tamén pode participar o público en xeral. O seu promotor destaca que será unha oportunidade única para gozar dun intercambio cultural, xa que prevé que se unan persoas dunha vintena de países diferentes.

O prezo da inscrición é de seis euros por persoa, aínda que todas as estudantes contarán cun desconto do 50%.