Guido Guía lanza un paseo especial #OLugoMenosCoñecido polas festas de San Lázaro (28-M)

Hai pouco tempo os amigos da asociación “Unidos polo Camiño” do barrio da Ponte puxéronse en contacto conmigo sabendo do meu amor por un barrio que, aínda que non é o meu, anda cerca 🙂 De momento lanzamos esta idea para o 28 de marzo: un capítulo especial dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido adicado a un barrio histórico de Lugo… nas súas festas! Desexando que moitas persoas do mundo veñan esa fin de semana a Lugo para descubrir unha das zonas máis bonitas e patrimonialmente ricas da nosa cidade. Animámosvos a aloxarvos no propio barrio e desfrutar das celebracións durante toda a fin de semana! En caso de chegar ó límite de inscritos, faremos un segundo paseo con día e hora a concretar (sempre dentro desa fin de semana).

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!