O 9-F #OLugoMenosCoñecido terá como convidado ó fotógrafo profesional Hugo Fernández Balseiro

Lugo é unha cidade marabillosa para os amantes da fotografía ❤ por iso, dende #OLugoMenosCoñecido, imos adicarlle o capítulo XVII desta saga 🙂 Será o 9 de febreiro e contaremos cun convidado moi especial: o fotógrafo profesional e profesor na Fundación TIC Hugo Fernández Balseiro. Botádelle un ollo á súa obra en redes ou á súa web hugofernandezbalseiro.com Aconséllovos buscar a súa última foto do Castro de Viladonga ou algunha das súas instantáneas de fotografía submarina 😍 #LugoFotográfico

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

It's Amazing When We're Together