O 2 de febreiro Guido Guía organiza un paseo #OLugoMenosCoñecido para recibir ós novos Erasmus

A semana que ven comeza o segundo período lectivo do curso 2019/2020 no Campus Terra USC, e con elo a chegada de ducias de estudantes internacionais a Lugo. Dende Guido Guía lanzamos un paseo especial #OLugoMenosCoñecido para recibilos na nosa cidade (a metade de prezo para estudantes de todo tipo) pero totalmente aberto a todo o mundo que queira sumarse nesta benvida e intercambio cultural formidable. Pasarémolo en grande coma todos os anos, xa que os estudantes foron e seguen sendo asiduos participantes dos paseos!

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído) e de 3 € por persoa (IVE incluído) para estudantes de todo tipo. Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

It's Amazing When We're Together