O rei Alfonso II e #OLugoMenosCoñecido, un paseo guiado polo Primeiro Camiño de Santiago

Unha das grandes marabillas de Lugo é o contar con sendeiros milenarios, bimilenarios, e máis que bimilenarios… un deles é nada menos que o primeiro Camiño de Santiago da historia. O que fixo o rei Alfonso II no século IX… O próximo domingo 26 de xaneiro descubriremos xuntos #OPrimeiroCamiño 💙

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!

Máis info no evento da páxina de facebook Guido Guía: https://www.facebook.com/events/490669525179754/

82336802_178044563560386_4645246162733891584_o