Guido Guía en Radio Sant Boi presentando #OLugoMenosCoñecido

Para os que non puidéchedes escoitalo o xoves en directo, aquí tedes a entrevista-conversa con Armando Fernandez e Xulio Couxil en Galegos no Baix (Ràdio Sant Boi). Moi emocionante falar por segunda vez con eles, e por primeira vez en persoa! Grazas por permitirme dar a coñecer o proxecto Guido Guía e os paseos guiados #OLugoMenosCoñecido en Catalunya!