O 19-X volven novos capítulos (comezando polo XV) dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido

Despois de 14 capítulos en catro meses e tres especiais #FelicesFestas nas últimas semanas, é a hora de retomar a saga #OLugoMenosCoñecido con novos episodios  O domingo 19 de xaneiro agardámosvos para descubrir #OBosqueSagrado que lle deu nome á nosa cidade (Lucus Augusti) na época romana 💚 Queres indagar na historia connosco? 🙂

Se queredes inscribirvos ou informarvos, podedes facelo a través do correo guidoguiaturismo@gmail.com. O prezo deste paseo é de 6 € por persoa (IVE incluído). Fotos e vídeos da experiencia serán compartidos co fin de dala a coñecer para vindeiros capítulos… grazas coma sempre á Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego polo seu apoio!