Este sábado Guido Guía repite paseo guiado pola arte urbana de Lugo

Despois do éxito dos primeiros 14 capítulos dos paseos guiados #OLugoMenosCoñecido, dende Guido Guía estamos a repetir nestas Festas algúns dos mellores.

Este sábado será o turno de #ArteUrbana, un paseo que estreamos o 12 de outubro e que está a ter moita demanda dende os visitantes da cidade.

Queredes descubrir a cantidade de artistas urbanos que temos na capital bimilenaria? Queredes pasar un rato divertido en boa compañía? Contamos convosco!

80685702_165718014793041_2752446718107713536_o