Hai catro meses lanceime á aventura de facerme autónomo… e ó pouco tempo naceu, de xeito espontáneo, este fermoso proxecto que leva enganchándonos a pasear xuntos por Lugo nada menos que 14 capítulos 🙂
#OPrimeiro, #Solpor, #BerceDeSanFroilán, #ArteUrbana, #ReservaDaBiosfera, #TheFirstInEnglish, #ArteLucense, #GrazasInmigrantes, #LaNuit, #Amencer, #ParquesInfinitos, #LugoCreativo, #OlladasDeSmartphone e #EnigmasLucenses foron as aventuras vividas…
Agora, aproveitando as datas festivas, pensamos que é este un bo momento de facer memoria do vivido e darlle oportunidade a eses lucenses “expatriados”, a turistas, e en xeral a todo o mundo que se perdese algún capítulo… de poder desfrutalo!
Comezamos este domingo 22 ca repetición do #BerceDeSanFroilán, pero atentos… pronto anunciaremos máis opcións!!! 🙂