Paseo guiado por Lugo (23 de novembro) para Mariña Patrimonio e Rede do Patrimonio Cultural

Emocionado e agradecido ós amigos de Mariña Patrimonio e da Rede do Patrimonio Cultural por contar conmigo para ensinarlles, o 23 de novembro, algunhas belezas e riquezas patrimoniais da nosa cidade. O Carme, A Ponte e Adai son as zonas elixidas para un día agardamos que memorable. Máis info no seu facebook e no seu blog:

PATRIMONIO LUCENSE FÓRA DE MURALLAS 

DIA: 23 de novembro, sábado
HORARIO: Mañá: 10h – 14h
Tarde: 16h – 19h
PREZO: Socias/os: Actividade: 3 €; Bus: 15 €; Xantar: 12 €. Total: 30 €
Non Socias/os: Actividade: 13 €;Bus:15 €; Xantar: 12 €. Total: 40 €

Mariña Patrimonio organiza unha visita a Lugo o día 23 de novembro para coñecer parte do patrimonio menos coñecido desta cidade. Para esta actividade disporemos dun guía especializado que nos acompañará na visita aos barrios do Carme e da Ponte pola mañá e a Adai pola tarde.

O traxecto do bus vai depender das persoas que o soliciten, polo que pedimos que nolo fagan saber canto antes (antes do venres 15 de novembro)), indicando nome, se é socio/a ou non, teléfono de contacto e lugar de residencia, para ter tempo de contratar o bus (prazas limitadas) e reservar lugar para xantar.

Comunicaremos a inscrición ata que se chegue ao límite de prazas, a partir do cal tamén se comunicará a imposibilidade de inscrición. O luns 18 informaremos ás persoas anotadas sobre os horarios do bus e o número de conta para efectuar o ingreso correspondente.